Wednesday 24 de April de 2024

O prazo de matriculación nas escolas infantís do Concello de Oleiros rematará o 5 de abril


Desde o 17 de marzo e ata o 5 de abril estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2023/2024. O prazo está aberto tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas, como para as solicitudes de novo ingreso.

Para calquera tipo de información, as persoas interesadas deben acudir á escola infantil do Concello de Oleiros que prefiran como primeira opción: A Pardela, As Galeras, A Canteira ou A Braña. Alí serán atendidos e facilitarase toda a información que precisen, así como os impresos e a documentación necesaria.

Pode atoparse máis información na web https://www.igualdadebenestar.org/.